miércoles 25 de mayo de 2011

Subindo 4,33

Performance Subindo 4,33. Realizada na Casa das Artes de Vigo, edificio onde se 
atopa a Fundación laxeiro. Coincidindo co 18 de Maio no día Internacional dos museos,
adicado este ano a Memoria.

Fotografía de Camilo Iglesias
Fotografía de Camilo iglesias

Fotografía de Camilo Iglesias
Fotografía de Xulio Gil

Fotografía de Camilo Iglesias



































"A Fundación Laxeiro expón a mostra titulada “Materialización” na que diversos artistas (Mónica Ortuzar, Elena Mendizabal, Sola Alonso, Ignacio Barcia, Pablo Huertas e Pello Mitxelena) ofrecen en Vigo o resultado dunha colaboración creativa de membros das Universidades de Vigo e do País Vasco. Con eles tamén está presente Ana Gesto que paralelamente contribuíu cunha perfomance executada conmemorando o Día Internacional dos Museos.

Nas escaleiras da viguesa Casa das Artes e que conducen á Fundación Laxeiro, estabeleceu o seu escenario para executar o seu Subindo 4,33. Tratábase de exercitar a memoria que identifica o espazo físico os propios chanzos da Casa das Artes cun devir temporal relacionado coa mesma idade da artista. unha metáfora do paso do tempo a conta dos cumpridos 33 anos de Ana Gesto que se ven guiados polas das 33 latas esparexidas ao longo dunha subida en catro andares. Un xogo no que o latón vese asumido polo seu propio corpo e incorporado ao seu ser. As restras que conducen as pezas metálicas xeran a propia banda sonora dunha perfomance que cal ladaiña do paso do tempo conclúe no espazo físico e temporal que é súa idade certa da artista." 
Artigo do 19 de Maio de A Nosa Terra